Hotel rural, Samos (Lugo)

Política de Privacidade

CASA MONTE ORIBIO é titular do sitio web www.casamonteoribio.com e responsable do tratamento dos datos de carácter persoal que os usuarios fornecen a través deste sitio web.

CASA MONTE ORIBIO informa aos usuarios deste sitio web sobre a súa política respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que poidan ser recollidos pola navegación e uso deste sitio web.

A finalidade deste documento é informar aos usuarios sobre que facemos cos seus datos persoais, como se recollen, para que se utilizan, os dereitos que lles asisten así como toda a información necesaria establecida pola normativa vixente.

Ao utilizar este sitio web entendemos que leu e comprendiu a información que se expón en relación co tratamento dos seus datos de carácter persoal.

O noso principal obxectivo é tratar os datos persoais dunha forma lícita, leal e transparente.

Datos recollidos, finalidade e licitude.

Os datos de carácter persoal tratados son os aportados polos usuarios a través dos formularios ou do correo electrónico casamonteoribio@gmail.com dispoñibles neste sitio web e son os mínimos esixibles para poder enviarlles información sobre os nosos produtos / servizos, poder realizar pedidos, así como poder elaborar as facturas correspondentes, informar sobre o estado dos pedidos, atender reclamacións e calquera outra xestión derivada da prestación do servizo realizado a través deste sitio web.

Datos persoais que require o Sitio Web.

Para poder prestar os nosos servizos necesitamos algúns datos identificativos segundo o servizo que o Sitio Web che preste:

* Para o blog:

Se temos activado que os usuarios poidan deixar comentarios:

  • Nome: para identificar ao usuario.
  • Email: para coñecer o correo electrónico desde o que se fixo o comentario.

 

*Para Newsletter: 

Si os usuarios queren recibir notificacións:

  • Nome e apelidos: para identificar ao usuario.
  • Email: para recibir notificacións.

 

*Para a tenda en liña:

Só se solicitarán os datos que sexan obrigatorios para poder xestionar un pedido.

  • Nome e apelidos: para xestionar o pedido
  • NIF/código fiscal: para xestionar o pedido.
  • Enderezo: para xestionar o pedido.
  • Código Postal: para xestionar o pedido.
  • Localidade: para xestionar o pedido.
  • Provincia: para xestionar o pedido.
  • País: para xestionar o pedido.
  • Teléfono: para xestionar o pedido.
  • Correo electrónico: para xestionar o pedido, poder enviar copias do pedido e outros comunicados relacionados co pedido.
  • Datos de carácter bancario ou financeiro do usuario implicados no pagamento.

 

*Para a área privada de clientes:

A área de clientes trátase dunha zona privada. O cliente creará un usuario e contrasinal para poder acceder a este servizo restrinxido, entendendo que acepta todas as condicións legais.

Ditas finalidades están baseadas en principios legais de tratamento dos datos recollidos pola normativa vixente: para a execución dun contrato ou a prestación dun servizo aos usuarios, para o cumprimento de obrigas legais, polo interese lexítimo e co consentimento dos usuarios. 

 

Categoría dos datos.

Os datos que recopila o Sitio Web non son considerados datos sensibles ou protexidos. 

Segundo o artigo 9.1 do novo regulamento xeral de protección de datos da Unión Europea (RGPD), considéranse datos sensibles ou protexidos os datos persoais que revelen:

  • O orixe étnico ou racial.
  • As opinións políticas.
  • As conviccións relixiosas ou filosóficas.
  • A afiliación sindical.
  • O tratamento de datos xenéticos.
  • Datos biométricos dirixidos a identificar dunha maneira unívoca a unha persoa física.
  • Datos relativos á saúde.
  • Datos relativos á vida sexual ou ás orientacións sexuais dunha persoa física.

Só traballamos cos datos mínimos identificativos para levar a cabo a nosa labor.

Datos recollidos para a solicitude de información a través do formulario web ou correo electrónico.

Os datos persoais recollidos a través do formulario web ou correo electrónico para a petición de información teñen como finalidade o envío de información comercial sobre os nosos produtos e servizos.

O tratamento dos datos neste caso concreto está lexitimado polo consentimento expreso que vostede nos presta ao aceptar o envío da información proporcionada a través do formulario ou correo electrónico.

*Para o formulario de contacto:

  • Nome e apelidos: para poder responder á consulta.
  • Teléfono: para poder responder á consulta.
  • Email: para poder responder á consulta.

 

Operacións que se realizan cos datos persoais.

Os datos de carácter persoal son rexistrados a través da web e conservados en soportes electrónicos controlados e supervisados polo responsable do tratamento. Os soportes contan coas medidas técnicas e organizativas necesarias que garantizan a debida confidencialidade no tratamento dos datos.

O persoal implicado nas operacións de tratamento de datos: acceso, edición, borrado, etc., está capacitado para iso e está formado e comprometido coa nosa política de protección de datos.

De acordo co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitamos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos que poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente, este consentimento.

Conservación dos datos.

Os datos de carácter persoal conservaranse o tempo que sexa necesario para poder atender a finalidade / finalidades para as que foron recollidos. Polo tanto, manteremos a súa información persoal mentres exista unha relación contractual e/ou comercial con vostede ou mentres vostede non exerza o seu dereito de supresión, cancelación e/ou limitación do tratamento dos seus datos.

Nestes casos, manteremos a información debidamente bloqueada, sen darlle ningún uso, mentres poida ser necesaria para o exercicio ou defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento, que deba ser atendida e para a cal sexa necesaria a súa recuperación.

Destinatarios dos seus datos persoais.

Informamos aos usuarios de que os seus datos persoais non serán comunicados a terceiros, coa salvedade de que dita comunicación de datos estea amparada nunha obrigación legal ou cando para a correcta prestación do servizo ou a execución do contrato sexa necesario comunicar os seus datos a outros responsables como poden ser outras empresas do grupo, encargados do tratamento.

Empresas e entidades e outras organizacións ás que se lles teñan contratado a prestación de servizos, tales como: hosting, servizos de marketing, comunicación, deseño de plataformas e servizos da sociedade da información. Empresas, compañías ou outras organizacións ás que vostede nos solicitou ou aceptou que poidamos compartir os seus datos persoais.

Empresas ou outras organizacións relacionadas con. Casa Monte Oribio identificadas no Sitio Web: www.casamonteoribio.com     

Prestadores de servizos profesionais, como avogados, procuradores, notarios, rexistradores ou outros profesionais semellantes.

Organismos públicos, tribunais, reguladores e outras autoridades administrativas, cando consideremos que é necesario para cumprir cunha obrigación legal ou regulatoria, ou doutra forma para protexernos de reclamacións contra nós ou terceiros, ou a seguridade das persoas, así como para previr, ou doutra forma loitar contra o fraude ou por razóns de seguridade ou protección.

Para os casos nos que a comunicación de datos a terceiros non estea amparada nas bases legais establecidas no apartado anterior, a comunicación de datos a outros destinatarios só se realizará se o usuario deu o seu consentimento expreso.

 

Casa Monte Oribio mantén uns criterios estritos de selección de encargados de tratamento e comprométese contractualmente con cada un a cumprir e facer cumprir as obrigacións establecidas en materia de protección de datos.

 

Plugins sociais.

No noso Sitio Web ofrecemos ligazóns e servizos relacionados con diferentes redes sociais. Se o Usuario é membro dunha rede social e fai clic na ligazón correspondente, o proveedor da rede social poderá vincular os seus datos de perfil coa información da súa visita ao Sitio Web.

Polo tanto, o Usuario debe estar informado sobre as funcións e políticas sobre o tratamento dos seus datos persoais na respectiva rede social. Tanto se accede a unha das nosas páxinas web cun dos seus perfís nas redes sociais como se comparte información a través delas.

O Usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade das diferentes redes sociais, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade. 

  • Facebook:

www.facebook.com/privacy

  • Instagram:

www.instagram.com/terms

  • Youtube: 

https://policies.google.com/privacy

 

Exercicio dos dereitos.

De acordo cos dereitos que confire a normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, o usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos dirixindo a súa solicitude ao enderezo postal indicado ou ao correo electrónico. casamonteoribio@gmail.com

Para o exercicio dos dereitos deberá identificarse mediante a presentación do seu DNI. Para calquera reclamación pode dirixirse ao mesmo correo indicado. Igualmente, poderá dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos. www.agpd.es

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.