Hotel rural, Samos (Lugo)

Tecedura Artesanal

Creatividade Textil con Lala de Dios

Este verán Indigo Textil volve programar obradoiros na Casa Monte Oribio

  • Tecedura en tear de baixo lizo sobre mesa de 4 e 8 lizos (os teares estarán montados e listos para tecer...)

  • Iniciación aos tintes naturais(Clasificación das materias tintóreas naturais, como se extrae o colorante, preparación das fibras antes do tinguido…)

  • Azul máxico: a arte e a ciencia de tinguir con índigo (Preparación dunha tina orgánica de índigo…)

  • Os taninos como mordentes e colorantes (Clasificación dos taninos. O seu uso como mordentes para fibras de celulosa…)

  • Obradoiro de negros Black is Black! (Un bo negro é unha das cores máis complicadas de acadar na tinguidura natural e require a mestura de máis dun tinte, ademais de taninos e sales metálicas…)

Datas

Do 4 ao 10 de Agosto

Lala de Dios, A Coruña, é historiadora da arte por formación e tecedeira por vocación. A comezos dos anos 80 funda en Madrid, xunto con Enrique Moreno, ÍNDIGO, estudio textil, dedicándose á teceduría artesanal e ao ensino en España e noutros países. Desenvolve proxectos de cooperación en países de África e Iberoamérica, que considera moi enriquecedores. Foi membro de xurados e comisaria de exposicións, simposios e xornadas, e ultimamente o seu traballo céntrase na arte téxtil, na interconexión humanos/textil/natureza/tecnoloxía e na evolución das tendencias.

Non te quedes sen a túa praza!

+ INFO E PREZOS

¿Gustaríache ofrecer unha nova experiencia?

Ponte en contacto comigo e organiza o teu evento nun ambiente perfecto

¿Queres estar ao día das nosas novidades, eventos e promocións exclusivas? Síguenos nas redes sociais.

Tamén podes atoparnos en:

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.