con Sheila Minguito
Durante o fin de semana do 20 ao 22 de xuño, solsticio de verán, vas a desfrutar dun plan perfecto de descanso e reparación para compensar os efectos devastadores do estrés a través de experiencias sensoriais con aceites esenciais, plantas medicinais, paseos, charlas, atención plena, alimentación consciente e outras ferramentas integrais e técnicas naturais que che facilitarán conectar contigo a nivel sensorial e enerxético, recuperando o teu corpo-mente para voltar coma nova.
Ademais de cheirar e usar aceites esenciais, relaxarte, coñecerte e recargarte, desfrutarás da comida especial creada para o retiro cociñada por A Princesa do Guisante.
O taller está creado para vivir as experiencias sensoriais neste espazo evocador e acolleitor pero, por suposto, tamén para tumbarte a descansar, nadar na piscina, tomar o sol, ler, echar a sesta, durmir sen ruidos… e recuperar a túa vitalidade e sosiego.
Lévate á casa os preparados de aromaterapia que irás creando e todas as experiencias vitais que crearán un cambio na túa consciencia.
Vén nutrir o teu Xardín da Saúde, vén á Calma Vital en Casa Monte Oribio.